Primeiro e no marco do programa de dinamización lingüística FalaRedes 2021 da Secretaría Xeral de Política Lingüística para a Rede de Dinamización Lingüística (RDL), gustaríanos programar, en colaboración coa Fundación Pazo de Mos, o espectáculo teatral A pluma vida de Rosalía, dos Quinquilláns. Baseada nun feito real de censura a un texto de Rosalía de Castro, esta peza para todos os públicos a partir de 9 anos arranca coa visita sorpresa da autora de Follas Novas á imprenta de Soto e Freire, que acaba de ser atacada por un grupo de 200 seminarisitas contrarios á publicación do artigo «El Codio». A pluma viva de Rosalía pon en valor a nosa escritora máis universal e a súa defensa da nosa cultura, do noso idioma, da xustiza social, da liberdade e da igualdade entre mulleres e homes.

De segundo un proxecto dentro da 2ª edición do Fondo Xacobeo 21-22 de Proxectos Culturais da Secretaría Xeral de Normalización Lingiiística da Xunta de Galicia. Anos de traballo en base a gravacións propias e de arquivos de tradición oral, conclúen un obradoiro didáctico que presenta, a dúo, unha recopilación de melodías da Comarca de Ordes.  verdadeiramente enriquecedor coñecer de primeira man a variedade musical desta comarca, na que atopamos vestíxios da música tradicional da província da Coruña.

A Pluma de Rosalía

Os Quinquilláns vuelven al FalaRedes con un homenaje a nuestra escritora más universal: Rosalía de Castro.

A pluma viva de Rosalía, para todos los públicos a partir de 9 años, está basada en un hecho real de censura a un texto de la autora de Follas Novas. Arranca con la visita sorpresa de Rosalía de Castro a la imprenta de Soto y Freire, que acaba de ser atacada por un grupo de 200 seminaristas contrarios a la publicación del artículo «Él Codio». La pieza ponen en valor a la escritora y su defensa de nuestra cultura, de nuestro idioma, de la justicia social, de la libertad y de la igualdad entre mujeres y hombres.

Este espectáculo teatral podrá verse desde finales de octubre en las siguientes entidades de la Rede de Dinamización Lingüística: Negreira, O Rosal, Malpica, GDR Terras de Compostela y Fundación Pazo de Mos.

RESERVA AQUÍ

Música Tradicional

Achegámonos aos Concellos de Tordoia ou Cerceda para desfrutar do son das pandeireteiras, cunha enxebreza que nos achega a Bergantiños. Curiosamente, se cruzamos a comarca, nos
Concellos de Frades ou Mesía achegámonos á música tradicional do interior galego. Atopamos unha forte presenza gaiteira nun dos lugares onde mellor se conservan os cantos de nadal e reis.
O Concello de Ordes é o lugar no que conflúen todas estas variantes. Unha terra rica en tradición musical, na que naceron grandes referentes da mesma. Se pensamos no Concello de Trazo ou
Oroso temos unha gran mostra dun xeito totalmente distinto de conservar a nosa música tradicional, a cal pode lembramos a grandes gaiteiros da comarca de Compostela.

Unha viaxe pola Comarca de Ordes coñecendo protagonistas e analizando instrumentación e melodías. Escoitaremos recollidas, interpretarémolas e coñeceremos máis sobre un eido tan importante da nosa cultura.

RESERVA AQUÍ