As visitas teatralizadas realizaranse no Pazo de Mos nun percorrido pola historia da parroquia, recreando os sucesos do 1809.
Desde esta entidade queremos colaborar na posta en valor do patrimonio con programas de dinamización. Unha das nosas actividades son a realización de visitas, nas súas duas modalidades: guiadas e teatralizadas. O corazón do proxecto trata de evitar a perda de identidade do noso pobo.
HORARIOS DE VISITAS
Sábado, 15 de abril ás 11.30h. e ás 18.00h.
Domingo, 16 de abril ás 12.00h
Descrición da actividade
Visitas teatralizadas dos sucesos históricos do ano 1809. Os compoñentes interpretan aos personaxes históricos que destacaron no concello de Mós, á xente do pobo e ao exército napoleónico do Xeneral Maucune. A obra recrea o asalto ao pazo dos marqueses de Mós por parte do exército francés o día 13 de abril.