Pronto comezaremos cunha serie de 5 sesións de balde de Game-based mentoring. O obxectivo é dar a coñecer a actividade e ir formando grupos de xogo estables para o vindeiro curso. Tanto se o teu fillo ou filla simplemente quere xogar a xogos de mesa, como se buscades un apoio, vos animamos a participar.

Proposta

Game-based mentoring é unha proposta na que se modelan situacións cun impacto socioemocional a través de xogos de mesa. Neste contexto, acompañamos ós nenos e nenas para ofrecerlles ferramentas de xestión emocional e inclusión social. Durante as sesións tamén observamos e avaliamos fortalezas e dificultades nas que poida proceder algún tipo de apoio psicopedagóxico.

Equipo

Miguel posúe unha Licenciatura en Psicopedagoxía e un Grado en Educación Infantil, ambos pola Universidade de Vigo. Ademais, está habilitado para levar a cabo funcións de Orientación e Pedagoxía Terapéutica en Educación Infantil e Primaria. Miguel completou a súa formación cun Máster en Intervención en Menores en Situación de Desprotección e Conflito Social pola Universidade de Vigo. Doutorado en autismo i expectativas sociais no Departamento de Psicoloxía e Desenvolvemento Humano da University College London – Institute of Education (UCL-IoE).

Xabier é licenciado en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela e realizou o Máster de Formación de Profesorado. Na súa práctica docente utiliza os xogos de mesa como ferramenta de avaliación do estado socioemocional do alumnado, así como práctica competencial de procesos lóxicos e fomento do traballo en equipo e a socialización con dinámicas democráticas e inclusivas.

Ambos traballan actualmente nunha escola de pedagoxías activas e educación respectuosa.