Concilia é un programa que se desenvolve  nas instalacións do Pazo de Mos, priorizando o emprego dos espacios naturais exteriores, mais con pequenas excepcións de actividades de interior que dependerán da loxística das mesmas ou das condicións meteorolóxicas.

O horario de realización abrangue dende as 9.00h. ata as 14.00h. No programa concilia, daremos visibilidade a numerosas artes, ciencias e oficios que clasificaremos por temáticas diarias, co fin de diversificar e proporcionar unha amplia variedade de actividades que poidan satisfacer as necesidades e intereses dos nenos e nenas.

 

Temáticas:
  • PRESENTACIÓN E COHESIÓN. Retratámonos, Baile e expresión corporal, Linguas comunitarias no camiño de Santiago.
  • DEPORTES. Obradoiros de malabares, Baile e expresión corporal.
  • ARTE E CIENCIA. Ecoloxía, Obradoiro de arxila.
  • CULTURA E SOSTIBILIDADE. As Regueifas, Traballamos nos noso propios instrumentos musicais.
Prezo:
55,00€ (veciños da parroquia) 65,00€
Descontos:
20% irmáns 5% asociados Círculo Cultural
Valores
  • O noso equipo está composto na súa maioría de mulleres que comparten responsabilidades neste proxecto, integrando nel a tódalas veciñas e profesionais desta parroquia. As educadoras contan con formación específica de Integración social e Belas Artes. A maiores, e transversalmente, con profesionais do eido  baile deportivo a música ou a lingua.
  • É de caracter  inclusivo, xa que se integran nel usuarios con discapacidade.
  • As actividades e comunicación do festival desenvólvense en lingua galega, apostamos polo idioma.

A maiores desenvolveremos algúns pequenos obradoiros especializados con voluntarios e oficios.