Unha vez máis Marcos Escudero atopou a forma de facernos chegar o seu saber do pobo galego e moitos contos e lendas do noso.
Esta vez debuxou con area sobre o cristal dunha caixa de luz. A cámara capta unha sucesión de debuxos para proxectalos na pantalla onde os ve o público sen poder apartar a mirada, prendida nos movementos e cambios máxicos que transforman as figuras.
CON AREA COUSASDEBUXO é un espectáculo visual que fusiona varias técnicas (sombras chinas, cómic, animación,..) para contarnos historias a través das imaxes.
Con nós tivemos o Colexio de Educación Primaria Mestre Martínez Alonso, aproveitando a ocasión para celebrar na semana das Letras Galegas.
A través do programa da Fundación Pazo de Mos Educando no propio acolleremos novamente os cativos/as con máis historia e ambientación neste mes de maio belido.
#FranciscoFernándezdelRiego #Letras Galegas