HORARIO DE VISITA BELÉN SOLIDARIO E EXPOSICIÓN DE PINTURA

ABERTO DO 1 DE DECEMBRO AO 7 DE XANEIRO

DE LUNS A VENRES
17.00 A 20.00H.

SÁBADO E DOMINGO
10.30H. a 13.00H.
17.00H. A 20.00H.

A piques de  comezar a tempada anunciamos que non hai día do ano en que non programemos.

Xa nos tedes acostumbrados a desfrutar día a día das diferentes actividades, chova, neve, ou vente.

Esta non é excusa para mirar para a outro lado e poñervos ao voso servizo, especialmente dos nenos e maiores,…que nos moven na vida.

E por suposto aproveitamos as circunstancias para traballar da man das/dos mellores profesionais da rexión para dar contido e traballar nun ocio i educación de calidade.

Pase o que pase, importa que nos visitedes!

Como tódolos anos dende hai xa oito anos unha agrupación veciñal desta parroquia,  «Armouse o Belén», leva consigo un arduo traballo, cun fin solidario, durante todo o ano para ter listo para a ocasión que nos brinda a periodo de nadal, solidario por excelencia para chamarnos á colaboración con aquelas familias desfavorecidas en tempos cheos de incertidumbre.

Para participar podes traer produtos propios do nadal como latas de froita ou turróns de chocolate, galletas,… ou mesmo colaborar con alimentos consumidos todo o ano, cacao, leite, latas de peixe, legumes, etc.

Visita o Belén, ven ao Pazo de Mos!