O artista vigués, de ascendencia mosense, participa de maneira activa nesta mostra, así como em moitas outras da rexión. Expón dende o 5 de abril ata o 5 de maio unha selección das súas mellores obras baixo o título da mostra “Caprichos e Fantasías”. Unha recopilación escultórica e pictórica na que se poderá desfrutar das diferentes técnicas dominadas polo artista. A inauguración será o día 5 ás 19.00 horas, nun acto multidisciplinar que incluirá un concerto de música clásica.
A forma de ver o mundo de David Cabaleiro, de transcribir os seus pensamentos, dan forma a un estilo xoven e reivindicativo, cargado de significado. De gran agudeza visual, é capaz de rodearse de animais esculpidos en madeira ou de mimetizarse coa paisaxe e a arquitectura da Terra.
Priscila Rodriguez Cabaleiro (Vigo) e Petar Manchev (Skopie, Macedonia) comezan a tocar a dende moi nenos, alcanzando un gran recoñemento e prestixio internacional. Na actualidade son profesores de violín e viola na «Folkwang Musikschule» da cidade de Essen (Alemania).
Fundación Pazo de Mos
Camiño da Rúa, 1 – Mos (Pontevedra)
T. 986 348 001/ Móvil. 639300974
www.pazodemos.org