Parladoiros trátase dun proxecto orientado á realización dunha por serie de eventos de temáticas diversas, con formato entrevista, cun ou varios personaxes principais que aportan valor, contido e sonos.
Data: 11 de Abril de 2023 Hora: 20.00 horasConvidado especial
Este fantástico humorista galego, nado en Salceda de Caselas, ten unha excelente traxectoria en cine, teatro, TV e moda. E sen esquecer o deporte, outro dos seus destacados!
O próximo martes agasallaranos coa súa presenza nun espazo para recuperarmos a historia, crear para compartir.

Anímaste a colaborar? Que son?
Se queres ser o noso convidado ou eres unha empresa e estás interesada en patrocinar os eventos, esta é algunha información de interese.
Trátase da celebración de xornadas de sensibilización, difusión de información especializada, relatos de superación, innovación empresarial, humor e sociedade, etc.
- Charlas, experiencias, coloquios ou faladoiros.
- Mecenado e participación cidadá.
- Retransmisión en directo en redes sociais.
Sesións dunha hora cada mes.
Formas de colaboración:
- A través da Figura de Amigos do Pazo
- A través do patrocinio directo
- Colaboracións na producción do evento
Os Obxetivos de Desenvolvemento Sostible son as liñas estratéxicas ou metas polas que tratamos de medir os resultados a través de indicadores sinxelos e realistas.




