Itinerario accesible
Actualmente a máis do corenta por cento da poboación preséntanselle barreiras de accesibilidade que salvar no destino. Impedimentos que crecen segundo a poboación envellece. A sociedade debe adaptarse ó mesmo ritmo por respecto á diferenza e a aceptación das persoas con discapacidade como parte da diversidade e a condición humana.
Pazo de Mos
Ser conscientes de que as dificultades para chegar ou entrar a un lugar poden limitar a participación dunha persoa en actividades comúns e da vida cotiá. A actitude das persoas coas que se posicionen frente á discapacidade determinará o trato que terán cara o tema e as persoas.
Xunto ao Pazo de Mos, existen diversos aparcadoiros con prazas de aparcamentos reservadas para (PMR). Existe un itinerario accesible por rampa á praza do Xardín do Pazo.
Areas
Praza Portada
Percorrido o paso ao redor das gradas entramos na praza con algúns dos elementos patrimoniais máis destacados do edificio histórico.
Máis información
Sala de Exposicións
Na portada principal do Pazo ubicada no antigo acceso dos nobres cabaleiros cara o patio alto interior.
As exposicións son temporais.
Xardín do Pazo
Acceso a través de rampa. Espazo natural adaptado con elementos recreativos e un sendeiro accesible que permite a socialización e o contacto directo coa natureza cun gran valor ambiental e paisaxístico.
Máis información
Cafetería
Xa na praza do xardín, no patio alto do Pazo atópaste na segundo nivel do edificio. A porta é de madeira, abre cara fóra e ten un ancho libre de paso de 1 m.
Máis información
Auditorio
A primeira porta é de madeira, abre cara dentro e ten un ancho libre de paso de 1,20 m. Logo de salvar as escalas cun elevador, a segunda porta é de cristal, ten un ancho libre de paso de 1 m.
Máis información
Biblioteca
A primeira porta é de madeira, abre cara dentro e ten un ancho libre de paso de 1,20 m. A 4 m á dereita atopamos a recepción e neste espazo hai unha porta de cristal de acceso de 1m. de ancho.
Máis información
Centro interpretación
É a antiga capela con acceso na ala norte do edificio, sálvase a altura cunha rampa desmontable para as visitas.
Máis información
Albergue de peregrinos
O albergue atópase a 100 m. da entrada á capela na cara norte do edificio. Ten acceso e tres prazas dispoñibles para persoas con discapacidade.
Máis información
Parque da Pesqueira
Máis información
Sendeiro do río Louro
Poden iniciar a súa ruta ata o parque de auga da Pesqueira no camiño Ponte do Río onde existen zonas de aparcamentos e acceso accesible.
Máis información
Igrexa Santa Baia de Mos
Existe un itinerario accesible por rampa cara o atrio principal da igrexa, deberá pasar a través da praza principal e baixar 30 m. ata chegar a ela.
Máis información
Espazos
Como sempre se di, unha viaxe comeza desde o momento en que se plantea a idea na mente da persoa sobre a viaje, o lugar que visitar, o modo, etc.